Translate

domingo, 31 de maio de 2020

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO DE 2º DE ESO SOBRE O PASO A 3º

O paso a de 2º a 3º de ESO non conleva moitos cambios relativos ás materias, pero si require tomar algunha decisións importantes, pois xa se comezan a elexir materias vinculadas a ensinanzas académicas ou a ensinanzas profesionais.

Desde o Departamento de Orientación queremos axudarche, polo que che recomendamos que botes unha ollada atenta e leas con atención.

xoves, 28 de maio de 2020

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO DE 1º DE ESO SOBRE AS MATERIAS DE 2º DE ESO

Estamos a piques de rematar o curso, e vas pasar para 2º de ESO, as materias troncais que cursarás serán as mesmas que en 1º, agás Bioloxía e Xeoloxía e Educación Plástica e Visual, no seu lugar cursarás Física e Química e Música.
Tamén cambian as materias de libre configuración (optativas) que non serán as mesmas que en 1º, para saber un pouco do que podes aprender en cada unha delas segue atentamente a presentación.

xoves, 21 de maio de 2020

Graos Abertos 2020/2021


mércores, 20 de maio de 2020

Elección de optativas en 1º de ESO

Para o alumnado que remata 6º  ábrese un abanico de opcións e, por primeira vez ao longo da súa escolaridade, precisa tomar decisións, elixir sobre diferentes posibilidades para, deste xeito, ir construíndo o seu titinerario académico persoal.

O Departamento de Orientación, co obxecto de ofrecer axuda na elección e na toma de decisións relativas á oferta educativa do centro, quere facer chegar a familias e alumnado de nova incoporación, unha breve guía na que atoparán información sobre as diferentes alternativas formativas en 1º curso no IES Castro Alobre.



martes, 19 de maio de 2020

Quantum Society: Quen son e por que deberías coñecelos?

Nestes tempos onde todo é voluble e o que hoxe é válido mañá pode ser arcaico, a investigación, o desenvolvemento e a innovación; en definitiva: a ciencia, convértese na nosa aliada para desenvolvernos como unha sociedade en progreso.

En resposta a esta necesidade Quantum Society preséntase como unha iniciativa estudantil en prol da divigulgación científica para todo o público, así como dar a coñecer o significado real de estudar, coñecer e desenvolverse nas súas carreiras profesionais. Tal é o impacto que comeza a ter que ata artistas de talla nacional como Antonio Orozco se fixeron eco da noticia:


Como estudantes de universidade que estades a punto de ser estaría ben coñecer a realidade do que significa estudar un Grao Universitario, non só nun plano académico, máis aló das materias que terás, senon das competencias como profesional que deberás acadar, a actitude necesaria para facer fronte aos retos diarios... Recorda que ser profesional non é ter un título, senon saber desenvolverte no teu traballo!

Alumnado universitario da rama de Ciencias da Saúde! (na descripción do vídeo poderás ver cada un dos graos que abarca)

Alumnado universitario da rama de Enxeñarías! (na descripción do vídeo poderás ver cada uno dos graos que abarca)


Alumnado universitario da rama de Ciencias Sociais.



Por sorte para nós están abertos a contestar as dúbidas! déixovos as súas RR.SS. para que contactedes:


domingo, 17 de maio de 2020

Guía de Estudos Superiores

A Voz de Galicia publica unha Guía de Estudos Superiores de Galicia 20-21 que recolle todas as ensinazas que se imparten nas Universidades Galegas, os requisitos de acceso, materias, saídas laborais,...podes consultala se inda non tomaches a túa decisión ou se queres saber máis sobre os estudos elixidos.

venres, 15 de maio de 2020

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO DE 3º SOBRE A ELECCIÓN DE ITINERARIOS EN 4º

Unha vez que remates 3º, precisarás coñecer as diferentes opcións de itinerarios e materias que pode cursar en 4º de ESO. Quizás sexa unha decisión un pouco máis complexa que as que tomaches ata agora, xa que ademáis de materias optativas, terás que elixir un ITINERARIO, que é o conxunto de materias que che facilitarán a toma de decisións posteriores sobre a túa continuación de etudos unha vez que obteñas o Título de ESO.


Imos ver que opcións tes... presta atención

GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA O ALUMNADO DE 3º DE ESO

Estás a piques de rematar 3º de ESO e non sabes que decisión tomar sobre as materias de 4º? Cres que ao mellor non rematas con éxito e non sabes as opcións que tes paa continuar os teus estudos? 

Desde o Departamento de Orientación queremos axudarche ofrecéndoche a información necesaria para que tomes as decisións que máis se axusten aos teus intereses, características e necesidades e para que, pouco a pouco, vaias construíndo o teu itinerario académico e profesional.

Bótalle unha ollada á Guía que che presentamos



luns, 11 de maio de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA O USO SEGURO E RESPONSABLE DA REDE E DAS TIC

Coa situación actual incrementouse o emprego da Rede e das TIC, polo que é especialmente importante promover entre o alumnado o seu uso seguro e responsable.


Estas breves recomendacións poden axudar a alumnado, profesorado e familias e coidarse e protexerse e a favorecer un acceso e uso correcto.

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO DE 1º DE BACH QUE PASA A 2º

Estas a piques de rematar 1º de Baharelato e  poida que che xurdan dúbidas sobre as materias de 2º e sobre o proceso de matrícula que se realizará en prazo ordinario entre o 1 e o 10 de xullo e en prazo extraordinario entre o 1 e 10 de setembro.
Desde o Departamento de Orientación queremos ofrecerche a nosa colaboración, e para iso elaboramos unha breve guía para recordarche as materias, modalidades e itinerarios de 2º de Bach.
Inda que a situación que estamos a vivir sexa atípica, non dubides en solicitar o noso apoio e asesoramento.


xoves, 7 de maio de 2020

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO DE 6º QUE ACCEDE A 1º DE ESO

Aproxímanse as datas de matrícula para o curso 2020-2021, que este ano serán entre o 1 e o 10 de xullo. Desde o Departamento de Orientación elaboramos un documento informativo para o alumnado e as familias de 6º de Educación Primaria, co obxecto de facilitarlles tanto a transición entre as dúas etapas coma o propio proceso de matrícula.

O horario do IES Castro Alobre, as materias que se imparten, os cambios máis relevantes que se producen dunha etapa á outra, así coma as datas e documentación que é preciso presentar no centro, constitúen unha información especialmente relevante para o alumnado e as familias.

Para acceder á información preme AQUÍ



mércores, 6 de maio de 2020

Anotacións de interese sobre a avaliación do 3º trimestre COVID-19

 A raíz da COVID-19 e das súas derivacións no marco educativo,  a  Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional, establece unha serie de instrucións relativas á avaliación, promoción e titulación do alumnado que presentamos, a xeito de resumo.

ATENCIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DURANTE A SITUACIÓN DERIVADA DA COVID-19

O Departamento de Orientación está á disposición das familias, alumnado e profesorado, para ofrecer asesoramento durante a situa...