Translate

luns, 28 de setembro de 2020

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O INICIO DO CURSO

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade ofrécese ao profesorado, alumnado e familias unha guía para a volta segura ás aulas, así coma unha serie de protocolos e isntrucións para que o curso escolar sexa máis levadeiro.

          Para coñecelas, preme sobre a imaxe 



 

luns, 21 de setembro de 2020

BENVIDA AO NOVO CURSO....CON SENTIDIÑO!

Despois de 6 meses estamos a piques de voltar a vernos, de desexar abrazarnos, bicarnos,...de contarnos todo o que nos pasou, o bó e o malo. Pero todas e todos temos que ser conscientes de que hai cousas que faciamos que xa non podemos facer e outras que non faciamos e que agora son un deber.

Teremos que aguantar as gañas dos bicos e dos abrazos, teremos que coidar da nosa saúde e da dos demáis, respectando todas as medidas de seguridade pero, de seguro, entre todas as persoas que formamos parte desta comunidade educativa,  imos ser quen de facelo!

BO INICIO DE CURSO....CON SENTIDIÑO!!





mércores, 2 de setembro de 2020

BECAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Está aberto o prazo de solicitude de becas e axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

O prazo de solicitude remata o 30 de setembro.

A solicitude realizase de xeito telemático. Para acceder á información e documentación preme

AQUÍ

ATENCIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DURANTE A SITUACIÓN DERIVADA DA COVID-19

O Departamento de Orientación está á disposición das familias, alumnado e profesorado, para ofrecer asesoramento durante a situa...