Translate

FORMACIÓN PROFESIONAL



Esta páxina estará en constante actualización co propósito de informar ao alumnado sobre as novidades na Formación Profesional.

(última actualización: 21 de xullo de 2020)


TODO SOBRE A ADMISIÓN NA FORMACIÓN PROFESIONAL





Adxudicación de prazas

Xa podes consultar a listaxe de persoas con prazas adxudicadas nos ciclos formativos de grao medio e superior:


Cómo consultar a túa solicitude:

Por protección de datos deberás obter o teu código persoal de consulta seguindo as instruccións: http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8853

Unha vez teñas o teu código persoal:
  • Copia o teu código
  • Vai a listaxe que corresponda coa túa solicitude.
  • Presiona F3 e pega aí código.

Aquí tes xa unha imaxe coa admisión no noso centro


O seguinte paso que debes facer é a MATRÍCULA:

  • Prazo: do martes 21 de xullo (13:00) a 27 de xullo (2020)
  • Lugar: No centro donde obteñas a adxudicación ou, preferentemente, de xeito telemático.

No caso de realizar a matrícula de xeito presencial terás que encher o seguinte documento e presentalo no centro: http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8892

No caso de realizar a matrícula de xeito telemático deberás seguir as seguintes instruccións: http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8894



🍀 Moita sorte 🍀





TODO SOBRE AS PROBAS DE ACCESO Á FORMACIÓN PROFESIONAL (GRAO MEDIO E SUPERIOR)

(A convocatoria 2020 xa está pechada e finalizada)



Nos seguintes enlaces podes consultar os resultados definitivos das probas de acceso á FP de grao medio e superior. Lembra que contra esta nota xa non cabe reclamación algunha... 






Quen pode acceder as Probas de Acceso á FP?


  • Para facer as Probas de Acceso á FP de grao MEDIO necesitas ter cumplidos 17 anos antes de realizar o exame.
  • Para facer as Probas de Acceso á FP de grao SUPERIOR necesitas ter cumplidos 19 anos antes de realizar o exame


Queres os modelos de examen das Probas de Acceso de anos anteriores??. Segue as instruccións:



  • Na columna esquerda (Probas) tes para elixir:

    • Acceso a grao medio: convocatorias anteriores
    • Acceso a grao superior: convocatorias anteriores

  • Poderás ver que tes ata 3 convocatorias (2019, 2018 e 2017). Cada unha delas ten un botón de "+ información". Fai click aí.

  • Baixa ata abaixo da páxina, onde verás "Acceso aos exames e respostas da convocatoria do ano ....".



  • Descarga a parte común e a específica.

















AUTOORIENTACIÓN

ORIENTALINE: TEST DE ORIENTACIÓN


Se aínda non sabes moi ben o que queres facer no futuro, este test pode axudarche a reflectir as túas capacidades e intereses e ofrecerche un marco xeral de alternativas e recomendacións de cara ao teu progreso académico. 

😺Non esquezas compartir con nós os teus resultados 😺





DECIDE O TEU CICLO DE FP


Se por outra banda tes dúbidas entre facer un ciclo ou outro aquí podemos pasar un sinxelo cuestionario con preguntas específicas sobre o que se imparte nos ciclos seleccionados.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

ATENCIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DURANTE A SITUACIÓN DERIVADA DA COVID-19

O Departamento de Orientación está á disposición das familias, alumnado e profesorado, para ofrecer asesoramento durante a situa...