Desde o día 11 de xaneiro e ata o 8 de febreiro está aberto o proceso de admisión en centros sostidos con fondos públicos para o curso 2021-2022.
O alumnado procedente dos centros CEIP A Lomba, CEIP Arealonga e CEIP A Escardia, adscritos ao IES Castro Alobre, terá á súa disposición nos seus centros de orixe o formulario de solicitude e tamen estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación
“admisionalumnado”, e na páxina web da consellería competente en materia de educación.
Desde o Departamento de Orientación elaboramos un documento informativo para o alumnado e as familias de 6º de Educación Primaria, co obxecto de facilitarlles tanto a transición entre as dúas etapas coma o propio proceso de matrícula que se realizará no mes de xullo.
O horario do IES
Castro Alobre, as materias que se imparten, os cambios máis relevantes
que se producen dunha etapa á outra, así coma as datas e documentación
que é preciso presentar no centro, constitúen unha información
especialmente relevante para o alumnado e as familias á hora de tomar a decisión da elección de centro.
Preme enriba das imaxes para descubrir o nos centro
Ningún comentario:
Publicar un comentario