Despois de 6 meses estamos a piques de voltar a vernos, de desexar abrazarnos, bicarnos,...de contarnos todo o que nos pasou, o bó e o malo. Pero todas e todos temos que ser conscientes de que hai cousas que faciamos que xa non podemos facer e outras que non faciamos e que agora son un deber.
Teremos que aguantar as gañas dos bicos e dos abrazos, teremos que coidar da nosa saúde e da dos demáis, respectando todas as medidas de seguridade pero, de seguro, entre todas as persoas que formamos parte desta comunidade educativa, imos ser quen de facelo!
BO INICIO DE CURSO....CON SENTIDIÑO!!