Translate

domingo, 22 de novembro de 2020

CONCURSO DE VÍDEOS CONVICOVID

 O equipo de dinamización da convivencia do IES castro Alobre pon en marcha un concurso de vídeos co obxecto de mellorar no respecto polas normas de prevención da COVID-19.

A medida que pasan as semanas tendemos a confiarnos, esquecernos e a relaxarnos e non cumprir, todo o ben que deberíamos, as normas preventivas ante o coronavirus.

É moi importante concienciarnos e reflexionar sobre o que facemos ben e non tan ben e para iso se pon en marcha este concurso no que cada quen, empregando os diferentes medios, pode realizar un pequeno vídeo para recordar a importacia de coidar a saúde propia e das demáis persoas




venres, 13 de novembro de 2020

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO


Non quededes sen máscaras!!


📃Regulación de CRITERIOS e PROCEDEMENTO de distribución de MASCARILLAS para o alumnado

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201113/AnuncioG0598-061120-0002_gl.pdf

FORMULARIO📝 e Documentación Complementaria📂 a presentar:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330E&ano=2020&numpub=1&lang=es

👀 ollo ‼️

PRESENTACIÓN PRESENCIAL no Centro Educativo🏫

🗓️PRAZO: ata 26 de novembro

mércores, 11 de novembro de 2020

GUÍA DE ACTUACIÓN ANTE CASOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

A Xunta de Galicia publicou  a Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo

co obxecto de facilitarlle ao profesorado estratexias para detectar posibles casos de violencia de xénero nos centros educativos e coñercer as ferramentas mais axitadas que lle permitan actuar ante estes.

martes, 10 de novembro de 2020

martes, 3 de novembro de 2020

RECURSOS PARA A IGUALDADE E DIVERSIDADE


Desde fai varios anos a comunidade educativa do IES Castro Alobre ven amosando a súa preocupación polas constantes mostras de violencias machistas que se observan na realidade social que inunda a vida cotiá do alumnado, desde exemplos de violencia simbólica que non se perciben por terse xa naturalizada,  ata os que se sitúan na punta do iceberg das violencias machistas (física e psicolóxica).

Co obxecto de levar a igualdade ás aulas,  previr as violencias machistas, e por de manifesto a importancia das diversidades afectivo-sexuais, o centro elaborou un Plan Coeducativo, documento marco a partir do cal se planifica e organiza o traballo e no que se establecen as liñas de actuación para permitir equilibrar as mochilas de xénero coas que as mozas e mozos entran e saen do instituto.

Ao longo de todo o curso desenvólvense múltiples actividades e ponse a disposición de profesorado, alumnado e familias, un conxunto de recursos e materiais para formarse e informarse neste eido.

Se queres acceder aos recursos PREME NA IMAXE



Plan de Ensino Virtual

 

A Consellería de Educación publica o Plan de Ensino Virtual que pretende ofrecer un marco estable a alumnado, profesorado e familias no caso de corentenas ou confinamentos




ATENCIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DURANTE A SITUACIÓN DERIVADA DA COVID-19

O Departamento de Orientación está á disposición das familias, alumnado e profesorado, para ofrecer asesoramento durante a situa...