Translate

luns, 18 de xaneiro de 2021

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022


Desde o día 11 de xaneiro e ata o 8 de febreiro está aberto o proceso de admisión en centros sostidos con fondos públicos para o curso 2021-2022. 

O alumnado procedente dos centros  CEIP A Lomba, CEIP Arealonga e CEIP A Escardia, adscritos ao IES Castro Alobre, terá á súa disposición nos seus centros de orixe o formulario de solicitude e tamen estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da consellería competente en materia de educación.

Desde o Departamento de Orientación elaboramos un documento informativo para o alumnado e as familias de 6º de Educación Primaria, co obxecto de facilitarlles tanto a transición entre as dúas etapas coma o propio proceso de matrícula que se realizará no mes de xullo.

O horario do IES Castro Alobre, as materias que se imparten, os cambios máis relevantes que se producen dunha etapa á outra, así coma as datas e documentación que é preciso presentar no centro, constitúen unha información especialmente relevante para o alumnado e as familias á hora de tomar a decisión da elección de centro.

Preme enriba das imaxes para descubrir o nos centro











domingo, 22 de novembro de 2020

CONCURSO DE VÍDEOS CONVICOVID

 O equipo de dinamización da convivencia do IES castro Alobre pon en marcha un concurso de vídeos co obxecto de mellorar no respecto polas normas de prevención da COVID-19.

A medida que pasan as semanas tendemos a confiarnos, esquecernos e a relaxarnos e non cumprir, todo o ben que deberíamos, as normas preventivas ante o coronavirus.

É moi importante concienciarnos e reflexionar sobre o que facemos ben e non tan ben e para iso se pon en marcha este concurso no que cada quen, empregando os diferentes medios, pode realizar un pequeno vídeo para recordar a importacia de coidar a saúde propia e das demáis persoas




venres, 13 de novembro de 2020

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO


Non quededes sen máscaras!!


📃Regulación de CRITERIOS e PROCEDEMENTO de distribución de MASCARILLAS para o alumnado

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201113/AnuncioG0598-061120-0002_gl.pdf

FORMULARIO📝 e Documentación Complementaria📂 a presentar:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330E&ano=2020&numpub=1&lang=es

👀 ollo ‼️

PRESENTACIÓN PRESENCIAL no Centro Educativo🏫

🗓️PRAZO: ata 26 de novembro

mércores, 11 de novembro de 2020

GUÍA DE ACTUACIÓN ANTE CASOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

A Xunta de Galicia publicou  a Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo

co obxecto de facilitarlle ao profesorado estratexias para detectar posibles casos de violencia de xénero nos centros educativos e coñercer as ferramentas mais axitadas que lle permitan actuar ante estes.

martes, 10 de novembro de 2020

martes, 3 de novembro de 2020

RECURSOS PARA A IGUALDADE E DIVERSIDADE


Desde fai varios anos a comunidade educativa do IES Castro Alobre ven amosando a súa preocupación polas constantes mostras de violencias machistas que se observan na realidade social que inunda a vida cotiá do alumnado, desde exemplos de violencia simbólica que non se perciben por terse xa naturalizada,  ata os que se sitúan na punta do iceberg das violencias machistas (física e psicolóxica).

Co obxecto de levar a igualdade ás aulas,  previr as violencias machistas, e por de manifesto a importancia das diversidades afectivo-sexuais, o centro elaborou un Plan Coeducativo, documento marco a partir do cal se planifica e organiza o traballo e no que se establecen as liñas de actuación para permitir equilibrar as mochilas de xénero coas que as mozas e mozos entran e saen do instituto.

Ao longo de todo o curso desenvólvense múltiples actividades e ponse a disposición de profesorado, alumnado e familias, un conxunto de recursos e materiais para formarse e informarse neste eido.

Se queres acceder aos recursos PREME NA IMAXE



Plan de Ensino Virtual

 

A Consellería de Educación publica o Plan de Ensino Virtual que pretende ofrecer un marco estable a alumnado, profesorado e familias no caso de corentenas ou confinamentos




venres, 30 de outubro de 2020

Concurso 25N Biblioteca UNHA OLLADA VIOLETA

Desde a Biblioteca do IES Castro Alobre convócase un concurso de fotografía para todo o alumnado do centro. Unha ollada violeta pretende denunciar a través da fotografía a violencia machista.

As bases do concurso e os premios pódense consultar na seguinte ligazón do blog da biblioteca http://bibliocastroalobre.blogspot.com/2020/10/unha-ollada-violeta.html.
 



luns, 28 de setembro de 2020

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O INICIO DO CURSO

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade ofrécese ao profesorado, alumnado e familias unha guía para a volta segura ás aulas, así coma unha serie de protocolos e isntrucións para que o curso escolar sexa máis levadeiro.

          Para coñecelas, preme sobre a imaxe 



 

luns, 21 de setembro de 2020

BENVIDA AO NOVO CURSO....CON SENTIDIÑO!

Despois de 6 meses estamos a piques de voltar a vernos, de desexar abrazarnos, bicarnos,...de contarnos todo o que nos pasou, o bó e o malo. Pero todas e todos temos que ser conscientes de que hai cousas que faciamos que xa non podemos facer e outras que non faciamos e que agora son un deber.

Teremos que aguantar as gañas dos bicos e dos abrazos, teremos que coidar da nosa saúde e da dos demáis, respectando todas as medidas de seguridade pero, de seguro, entre todas as persoas que formamos parte desta comunidade educativa,  imos ser quen de facelo!

BO INICIO DE CURSO....CON SENTIDIÑO!!





ATENCIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DURANTE A SITUACIÓN DERIVADA DA COVID-19

O Departamento de Orientación está á disposición das familias, alumnado e profesorado, para ofrecer asesoramento durante a situa...