O equipo de dinamización da convivencia do IES castro Alobre pon en marcha un concurso de vídeos co obxecto de mellorar no respecto polas normas de prevención da COVID-19.
A medida que pasan as semanas tendemos a confiarnos, esquecernos e a relaxarnos e non cumprir, todo o ben que deberíamos, as normas preventivas ante o coronavirus.
É moi importante concienciarnos e reflexionar sobre o que facemos ben e non tan ben e para iso se pon en marcha este concurso no que cada quen, empregando os diferentes medios, pode realizar un pequeno vídeo para recordar a importacia de coidar a saúde propia e das demáis persoas
co obxecto de facilitarlle ao profesorado estratexias para detectar posibles casos de violencia de xénero nos centros educativos e coñercer as ferramentas mais axitadas que lle permitan actuar ante estes.
Desde fai varios anos a comunidade educativa do IES Castro Alobre ven amosando a súa preocupación polas
constantes mostras de violencias machistas que se observan na realidade social que inunda a
vida cotiá do alumnado, desde exemplos de violencia simbólica que non se perciben por terse xa naturalizada, ata os que se sitúan na punta do iceberg das violencias machistas (física e
psicolóxica).
Co obxecto delevar a igualdade ás aulas, previr as violencias machistas, e por de manifesto a importancia das diversidades afectivo-sexuais, o centro elaborou un Plan
Coeducativo, documento marco a partir do cal se planifica e organiza o traballo e no que se establecen as liñas de actuación para permitir equilibrar as
mochilas de xénero coas que as mozas e mozos entran e saen do instituto.
Ao longo de todo o curso desenvólvense múltiples actividades e ponse a disposición de profesorado, alumnado e familias, un conxunto de recursos e materiais para formarse e informarse neste eido.
A Consellería de Educación publica o Plan de Ensino Virtual que pretende ofrecer un marco estable a alumnado, profesorado e familias no
caso de corentenas ou confinamentos
Desde a Biblioteca do IES Castro Alobre convócase un concurso de fotografía para todo o alumnado do centro. Unha
ollada violeta pretende denunciar a través da fotografía a violencia
machista.
Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade ofrécese ao profesorado, alumnado e familias unha guía para a volta segura ás aulas, así coma unha serie de protocolos e isntrucións para que o curso escolar sexa máis levadeiro.
Despois de 6 meses estamos a piques de voltar a vernos, de desexar abrazarnos, bicarnos,...de contarnos todo o que nos pasou, o bó e o malo. Pero todas e todos temos que ser conscientes de que hai cousas que faciamos que xa non podemos facer e outras que non faciamos e que agora son un deber.
Teremos que aguantar as gañas dos bicos e dos abrazos, teremos que coidar da nosa saúde e da dos demáis, respectando todas as medidas de seguridade pero, de seguro, entre todas as persoas que formamos parte desta comunidade educativa, imos ser quen de facelo!
Tes 18 anos e non sacaches o Título de ESO? Tes 16 ou 17 e estás a traballar pero gustaríache sacar o Título de ESO? Tes varias alternativas para facelo, Imos ver.....
O Departamento de Educación Física do IES Castro ALobre, elaborou un documento para informar ao alumnado dos estudos relacionados coa actividade física e o Deporte.
Se o que che pode interesar é desenvolver a túa actividade profesional no ámbito físico e deportivo, existen múltiples opcións e posibilidades. Presta atención!
Se cursaches o 2º curso do Ciclo de Grao Medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría e obtivéches o Título de Técnico, tes dúas alternativas especialmente interesantes: Seguir a túa formación Acceder ao mundo laboral Presta atención á seguinte información que che pode ser de axuda
No IES Castro Alobre, contamos co Ciclo de Grao Medio de Coidados Auxiliares de Enfermería, pertencente á familia profesional de Sanidade. Ofrecémosche información para que coñezas o Ciclo e as saídas académicas e profesionais
Rematar o Bacharelato, con éxito ou sen el, supón tomar decisións sobre o teu futuro académico e profesional, decisións complexas que requiren ter ao teu alcance a información necesaria sobre as diferentes alternativas, para atopar aquela que se axuste máis ás túas características persoais, necesidades, intereses, preferencias,....
Presentámosche unha breve guía co obxecto de facilitarche esa información. Le atentamente e presta atención
O paso a de 2º a 3º de ESO non conleva moitos cambios relativos ás materias, pero si require tomar algunha decisións importantes, pois xa se comezan a elexir materias vinculadas a ensinanzas académicas ou a ensinanzas profesionais. Desde o Departamento de Orientación queremos axudarche, polo que che recomendamos que botes unha ollada atenta e leas con atención.
Estamos
a piques de rematar o curso, e vas pasar para 2º de ESO, as materias
troncais que cursarás serán as mesmas que en 1º, agás Bioloxía e
Xeoloxía e Educación Plástica e Visual, no seu lugar cursarás Física e
Química e Música. Tamén
cambian as materias de libre configuración (optativas) que non serán as
mesmas que en 1º, para saber un pouco do que podes aprender en cada
unha delas segue atentamente a presentación.
Para o alumnado que remata 6º ábrese un abanico de opcións e, por primeira vez ao longo da súa escolaridade, precisa tomar decisións, elixir sobre diferentes posibilidades para, deste xeito, ir construíndo o seu titinerario académico persoal.
O Departamento de Orientación, co obxecto de ofrecer axuda na elección e na toma de decisións relativas á oferta educativa do centro, quere facer chegar a familias e alumnado de nova incoporación, unha breve guía na que atoparán información sobre as diferentes alternativas formativas en 1º curso no IES Castro Alobre.
Nestes tempos onde todo é voluble e o que hoxe é válido mañá pode ser arcaico, a investigación, o desenvolvemento e a innovación; en definitiva: a ciencia, convértese na nosa aliada para desenvolvernos como unha sociedade en progreso.
En resposta a esta necesidade Quantum Society preséntase como unha iniciativa estudantil en prol da divigulgación científica para todo o público, así como dar a coñecer o significado real de estudar, coñecer e desenvolverse nas súas carreiras profesionais. Tal é o impacto que comeza a ter que ata artistas de talla nacional como Antonio Orozco se fixeron eco da noticia:
Como estudantes de universidade que estades a punto de ser estaría ben coñecer a realidade do que significa estudar un Grao Universitario, non só nun plano académico, máis aló das materias que terás, senon das competencias como profesional que deberás acadar, a actitude necesaria para facer fronte aos retos diarios... Recorda que ser profesional non é ter un título, senon saber desenvolverte no teu traballo!
Alumnado universitario da rama de Ciencias da Saúde! (na descripción do vídeo poderás ver cada un dos graos que abarca)
Alumnado universitario da rama de Enxeñarías! (na descripción do vídeo poderás ver cada uno dos graos que abarca)
Alumnado universitario da rama de Ciencias Sociais.
Por sorte para nós están abertos a contestar as dúbidas! déixovos as súas RR.SS. para que contactedes:
A Voz de Galicia publica unha Guía de Estudos Superiores de Galicia 20-21 que recolle todas as ensinazas que se imparten nas Universidades Galegas, os requisitos de acceso, materias, saídas laborais,...podes consultala se inda non tomaches a túa decisión ou se queres saber máis sobre os estudos elixidos.
Unha vez que remates 3º, precisarás coñecer as diferentes opcións de itinerarios e materias que pode cursar en 4º de ESO. Quizás sexa unha decisión un pouco máis complexa que as que tomaches ata agora, xa que ademáis de materias optativas, terás que elixir un ITINERARIO, que é o conxunto de materias que che facilitarán a toma de decisións posteriores sobre a túa continuación de etudos unha vez que obteñas o Título de ESO.
Estás a piques de rematar 3º de ESO e non sabes que decisión tomar sobre as materias de 4º? Cres que ao mellor non rematas con éxito e non sabes as opcións que tes paa continuar os teus estudos? Desde o Departamento de Orientación queremos axudarche ofrecéndoche a información necesaria para que tomes as decisións que máis se axusten aos teus intereses, características e necesidades e para que, pouco a pouco, vaias construíndo o teu itinerario académico e profesional. Bótalle unha ollada á Guía que che presentamos
Coa situación actual incrementouse o emprego da Rede e das TIC, polo que é especialmente importante promover entre o alumnado o seu uso seguro e responsable.
Estas breves recomendacións poden axudar a alumnado, profesorado e familias e coidarse e protexerse e a favorecer un acceso e uso correcto.
Estas a piques de rematar 1º de Baharelato e poida que che xurdan dúbidas sobre as materias de 2º e sobre o proceso de matrícula que se realizará en prazo ordinario entre o 1 e o 10 de xullo e en prazo extraordinario entre o 1 e 10 de setembro. Desde o Departamento de Orientación queremos ofrecerche a nosa colaboración, e para iso elaboramos unha breve guía para recordarche as materias, modalidades e itinerarios de 2º de Bach. Inda que a situación que estamos a vivir sexa atípica, non dubides en solicitar o noso apoio e asesoramento.
Estas a pique de rematar 4º de ESO, poida que teñas moitas preguntas sobre que facer, como cotinuar os teus estudos, que alternativas tes,....
Presentámosche a continuación unha GUÍA na que se recollen as diferentes posibilidades.
Aproxímanse as datas de matrícula para o curso 2020-2021, que este ano serán entre o 1 e o 10 de xullo. Desde o Departamento de Orientación elaboramos un documento informativo para o alumnado e as familias de 6º de Educación Primaria, co obxecto de facilitarlles tanto a transición entre as dúas etapas coma o propio proceso de matrícula.
O horario do IES Castro Alobre, as materias que se imparten, os cambios máis relevantes que se producen dunha etapa á outra, así coma as datas e documentación que é preciso presentar no centro, constitúen unha información especialmente relevante para o alumnado e as familias.
A raíz da COVID-19 e das súas derivacións no marco educativo, a Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional, establece unha serie de instrucións relativas á avaliación, promoción e titulación do alumnado que presentamos, a xeito de resumo.
Desde o Ministerio de Sanidade e as diferentes Administracións, estanse a elaborar guías e propostas informativas para as familias e para o alumnado. Unha destas publicacións de interese contén unha serie de breves consellos que nos poden axudar ás familias e ao alumnado a sobrelevar un pouco mellor a situación.
Se tes que tomar unha descisión sobre o teu futuro académico e profesional, e tes moitas dúbidas, recomendámosche que te informes e realices os cuestionarios que che propoñemos a través desta aplicación.
As Profesoras de Pedagoxía Terapéutica do IES, teñen aloxados os materiais de apoio elaborados para o reforzo das diferentes materias nos seguintes blogues:
O Departamento de Orientación está á disposición das familias, alumnado e profesorado, para ofrecer asesoramento durante a situación educativa derivada da COVID-19.Para contactar:Orientadora: Marián Rego Murias marianrego@edu.xunta.esOrientador: Jesús Segura Rodríguez jsegura@edu.xunta.es